Víctor Freixanes faise co premio Carlos Casares de xornalismo

Valorou a súa columna 'Vento nas velas' en La Voz de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Víctor F. Freixanes. Foto: RAG

Víctor F. Freixanes. Foto: RAG

Víctor Fernández Freixanes, antigo presidente da Real Academia Galega, xornalista, editor e escritor, fíxose co Premio Carlos Carlos de Xornalismo Literario, convocado polo concello de Xinzo de Limia e a Fundación Carlos Casares. O xurado premiou a Víctor F. Freixanes pola columna semanal en La Voz de Galicia chamada "Vento nas velas", na que recoñece "a destreza do autor reflectida no estilo. Freixanes «mantén un ton sereno e unha visión positiva, achega claridade a episodios confusos e balancea con sabedoría o presente co pasado". A decisión adoptouse por maioría. Freixanes publica a súa columna desde o ano 2001.

Que che parece esta nova?
144 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Casares, Xornalismo, La Voz de Galicia, Víctor Fernández Freixanes...