O monfortino Daniel de la Torre gañou a V Mostra de Curtas Vila de Noia

Para uns e para outros

"Minas" é unha curtametraxe que relata como un soldado falanxista se interna nun campo de minas. Dirixida polo monfortino Daniel de la Torre acaba de facerse cos 150 euros e un trofeo do primeiro premio da V Mostra de Curtas Vila de Noia que se celebrou esta fin de semana. Mais non foi o único premio que se concedeu esta fin de semana. Por unha banda Helena Villar fíxose co premio Arume que outorga a Fundación Neira Vilas pola súa obra "A praia dos lagartos". Por outra Anxo Tarrío fíxose co premio do Consello Galego de Cooperativas por unha reportaxe publicada en Galiza Hoxe. Mais houbo máis, o presidente da Unión de Artesáns recibiu de mans de Celso Currás o premio Grelo de Ouro. E mañá, La Voz de Galiza entregará no pazo de Libunca, de Narón, os seus galardóns anuais en favor do desenvolvemento de Galicia.






Máis información sobre os premios de Noia e Arume en El Correo Gallego e sobre os premios en favor do desenvolvemento de Galicia en La Voz de Galicia.