
O mar, a amizade ou o amor son os temas sobre os que está construÃdo este novo traballo da cedeirense Guadi Galego, unha das autoras máis relevantes da nosa escena musical desde fai case trinta anos que segue a enriquecer a súa carreira musical dun xeito persoal e afastado de tendencias. Autoeditado neste mesmo mes, con varios dos temas aÃnda por presentar, 'Pélago. Contos OnÃricos' é posiblemente o traballo mais intimista da artista e neste novo formato ofrece a súas letras xunto coas ilustracións de MarÃa Maquieira. Os 9 temas deste traballo, compostos por Guadi Galego, son todo un canto ao mais persoal, mais próximo, transmitindo un conxunto de emocións , inquedanzas, e desexos, que entronca coa imaxinación dos contos e coa ensoñación. Non está Guadi soa, conta con outros artistas como LuÃs Fercán, co que colabora no tema 'Bailar', un dos dous avances do álbum, que xa está dispoñible en formato fÃsico e o vindeiro dÃa 20 de xuño estará completo nas plataformas. Galego aÃnda non ten previsión de levar os temaso ao escenario.