Un acto de homenaxe e a edición dun libro celebran os cincuenta anos do estudo de Edafoloxía en Galicia

Cincuenta anos a mirar o chan

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
O Colexio de Fonseca, en Compostela, acolleu a celebración dos cincuenta anos do comezo dos estudos de Edafoloxía en Galicia. Esta disciplina, dedicada ao estudo do solo, iniciouse no noso país a comezos dos anos cincuenta co traballo do profesor Muñoz Taboadela. Desde aquela elaboráronse os mapas dos solos das catro provincias galegas e creáronse catro cátedras dedicadas a esta cuestión na Universidade de Santiago. Os actos de celebración incluíron a edición do libro "50 aniversario de la Edafología en Galicia", que recolle a evolución da disciplina.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, Santiago de Compostela

Claves

Entidades