Amoebo presenta o seu traballo dual 'Escándalo no escuro'

A banda ofrece neste duplo disco dous xeitos de aproximarse á súa provocadora música

Desde hoxe está xa en plataformas o novo duplo disco de Amoebo, 'Escándalo no escuro (A e B)' (Autoedición). Neste dobre LP, unha das bandas seleccionadas para formar parte da aceleradora musical Son Emerxente de Fundación Paideia, explora os ritmos urbanos, e mesmo latinos mesturados co pop dos 2000, dando paso, tamén, aos sons máis rockeiros. No novo traballo producido por David Fernández (Daiv) conviven dous estilos que a primeira vista poden parecer contrarios o urbano e o rock. Como liña coherente de ambas caras, os temas de 'Escándalo no escuro' presentan unha gran carga explícita de sexualidade desinhibida, diversión, paixón, escuridade e festa. Amoebo pode acadar con esta ampla panoplia de temas que o seu disco poida estar presente en calquera pista de baile actual.

Co adianto previo dos sinxelos 'Lobishomes' e 'Unha foto', cada un deles dunha das dúas caras xa se forno coñecnedo as liñas polas que iamos recibir o disco. O novo LP está conformado por dúas caras (A e B), con seis temas e dous skits cada unha que teñen diferenzas entre elas e escóitanse separadas nas plataformas. Na cara A predominan os ritmos máis urbanos, mesturados co pop dos 2000, tomando como referentes a divas como Madonna, Britney Spears, Dua Lipa ou Bad Gyal. A cara B está tinguida de sons máis rockeiros, nos que se percibe o pasado metaleiro dos artistas: as guitarras e os baixos érguense como protagonistas absolutos, cun fondo urbano e actual, para conformar unha mestura enérxica, agresiva e festiva. A dualidade xoga tamén coas amigïidades e ausencia de necesidade de situarse en identidades sexuais limitadoras.



Amoebo foi ideado e creado en 2022 por Aaron Valle (frontman, cantante e músico), a quen non tardaron en sumarse David Fernández (músico e produtor) e Gloria Campello (produtora e responsable de audiovisuais). O venres 14 de marzo, Amoebo presentará ao vivo o novo traballo discográfico na Sala Garufa Club da Coruña. No concerto, a banda estará arroupada por una boa selección de artistas emerxentes galegos. Así, French Riviera encherá a Garufa cunha divertida viaxe ao anos 80 a golpe de funk e retroelectrónica, para dar paso á fantasía, o fogo e a escuridade da música urbana de hydn e o seu dark pop electrónico con influencias de rnb e outros sons. Pola súa banda, a potencia vocal de Alfonso, de Capital Voskov, chegará para dar boa mostra do seu pop denso, con coidadas texturas do indie e a urxencia do pop. Tampouco faltarán á cita o divertido pop urbano de Filloas e o enérxico e intenso indie en galego de Mayra, de Leria.