Quiosco: Cen follas número 5

A revista cambadesa crea un web cos índices e descargas da revista

Portada do número 5 de Cen Follas.
Portada do número 5 de Cen Follas.
A Asociación de Artes e Letras Cen Follas, de Cambados, editou o número 5 da súa revista Cen Follas de artes selectas, unha revista dedicada ao pasado cambadés. Desta volta, o número inclúe traballos, entre outros, sobre os ídolos megalíticos de Treviscoso a cargo de Sindo Mosteiro, sobre os escritos perdidos de Armando Cotarelo Valledor sobre Cambados, da man de María Xosé Costa Alcalde ou sobre a presenza de Ramón Cabanillas no mosteiro de Samos, evocado por Francisco Fernández Rei. O número inclúe un dossier dedicado a un singular conto de José María Castroviejo, publicado na súa versión máis coñecida en 1960: "El extraño caso del cuervo del Doctor Sarmiento", e ao peculiar percorrido literario desta historia. A asociación creou un sitio web para consultar os índices dos números anteriores e descargar o primeiro da colección.