O XVIII Premio RaÃña Lupa de literatura infantil e xuvenil, da Deputación da Coruña, xa ten ganadoras: Érica EsmorÃs (A Coruña, 1977), na modalidade Infantil, pola obra 'Terás que crela', e Rosa Aneiros (Meirás, Valdoviño, 1976), na modalidade Xuvenil, por 'Unha historia de amor como outra calquera'. É a primeira edición na que o certame convoca e outorga os galardóns nesas dúas categorÃas independentes. O Premio RaÃña Lupa de literatura infantil e xuvenil, impulsado pola área de cultura da Deputación, ten como obxectivo fomentar a creatividade literaria dirixida ao mundo dos máis pequenos e facer memoria desta personaxe de lenda vinculada ás terras de Compostela. Os galardóns contan cunha dotación de 6.500 euros cada un deles.
No ditame sobre as obras vencedoras, o xurado destacou de 'Terás que crela' "a potencia da voz protagonista, o sentido do humor e a proposta lúdica da historia". Segundo eles nesta obra "a mentira é motor da ficción que enriquece a vida da protagonista e que lle permite valorar o extraordinario da vida cotiá". Para o xurado, "Unha historia de amor como outra calquera" de Rosa Aneiros é unha novela "de aprendizaxe, con sentido do humor, que establece un contraste interesante entre o mundo cotiá da adolescente protagonista e o mundo cientÃfico da Antártida. É unha obra áxil, que se lee con agrado, con estrutura circular e que fai un uso da lingua actual e vivo. Incide, ademais, nas relacións interpersoais na familia e na conciencia ecolóxica, e destaca a orixinalidade de presentar o amor máis alá das relacións románticas na adolescencia". A deputada de Cultura, Natividade González, presidiu o xurado que integraron os vogais Rafael Fernández Lorenzo, Iria Misa, Leticia Barbadillo, Raquel Senra e Carlos Negro. Como secretaria actuou Manuela Muñiz, xefa do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes; e tamén estivo presente nas deliberacións Marcos Sánchez, de A Forxa Producións, coordinadora dos premios e concursos convocados pola institución provincial.