O Museo de Arte Contemporánea de Vigo pecha o seu primeiro ano de funcionamento con case 68.000 visitas

MARCO con boa saúde

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo tivo un bo comezo. Cando se está a celebrar o primeiro ano de vida do centro, pasaron polas súas salas 67.772 persoas, un 35% máis do que agardaban os promotores do proxecto. Ademais, o MARCO formará parte da mostra “Museo de museos” que se abrirá o vindeiro tres de decembro no Centro Reina Sofía e que analiza unha selección de vintecinco museos de arte contemporánea creados no último cuarto de século. Para celebrar o primeiro aniversario, o museo ofrecerá o vindeiro sábado unha xornada de portas abertas.

Máis información en Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Faro de Vigo, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)