O Museo do Mar da a coñecer os gañadores do seu concurso “Olladas Oceánicas”

Olladas oceánicas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Montse Rego e Longina con “Suchi para 4”; Ana Soler con “Nebulosa de trampas”; Simón Pachego por “Nunca máis : un tempo moi longo”; DSK, o equipo formado por Juan Lesta e Belén Montero con “Atlántico Espinoso”; Diego Seixo con “Supermarket” e “The Foil” o proxecto de Martín Pena son os gañadores do concurso “Olladas oceánicas” organizado polo Museo do Mar. Un certame ao que os artistas presentaban os seus proxectos e que agora terán que construír para formar parte da exposición que abrirá as súas portas o mércores 19. Con esta exposición, que leva por título “Olladas oceánicas” pásase a unha nova etapa do proxecto museístico “A mares” do Museo do Mar de Vigo.

Máis información sobre o proxecto do Museo do Mar no noso tema do día

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Juan Lesta, Belén Montero, Montse Rego, Culturagalega...

Claves

Entidades
Lugares