A coruñesa Verónica Díaz é a vencedora da XII Mostra de Novos Creadores, Tesoira 2003

Coruña ten as tesoiras

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A XII mostra Galega de Novos Creadores,"Tesoira 2003", tivo un claro dominio coruñés. A vencedora foi a herculina Verónica Díaz coa súa colección “Ton Sur Ton” (“Sur Realism”) e o segundo premio recaeu en Ana Belén Argiz coa colección “Muller de Mando” (“A Xefa”). O terceiro premio foi para a lucense Brais Rei con “PV-04”(“X”). Ademais do premio en metálico, as vencedoras terán a oportunidade de completar a súa formación cun modisto galego de renome internacional. O certame está organizado pola Consellería de Familia e conta co patrocinio de El Corte Inglés.

Máis información sobre os finalistas en Culturagalega.org

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega

Claves

Entidades