Ás 20:00 horas de hoxe o Teatro Principal abrirá as súas portas para proxectar Dogville, o último filme do cineasta Lars Von Trier. Co inicio da proxección comezará a XVII edición de Cineuropa que exhibirá na capital galega sesenta títulos entre os que se atopan os premiados en Cannes, Venecia, Berlín, San Sebastián e Valladolid. Este ano Cineuropa entregará o premio especial ao cineasta Bigas Luna e haberá sitio para as curtametraxes galegas, para os documentais que completan un programa no que no faltarán nis as habituais seccións das cinefilias nin o maratón de despedida.
Consulta o programa no web de
Santiago Turismo, e máis información en La Voz de Galicia e El Correo Gallego