O compromiso do empresario Julio Fernández polo seu traballo a prol de Galicia valeulle o premio “Galego do Ano 2003” que concede anualmente o Grupo Correo Gallego. A listaxe de premiados complétase co actor LuÃs Tosar, co director da EGAP, Domingo Bello Janeiro, con Dictino Maceira, director da área de Santiago de Caixa Galicia, Balbino Fraga Casaleiro, director xeral de El Mundo; Esther Regueiro, presidenta do Comité Unicef Galicia; os voluntarios; Jaime Rey de Roa, naturalista e co empresario Luis Antonio González Espina. O acto de entrega dos premios foi o venres no Auditorio de Galicia, nunha gala ao que asistiron personalidades do mundo da polÃtica, da cultura e da empresa.
Máis información en El Correo Gallego