O Museo do Humor de Fene convoca debuxos sobre a represión franquista en Galicia

Debuxando a memoria

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Do 4 ao 7 de decembro celebrarase en Ferrolterra o "Congreso da memoria: A represión franquista en Galicia". Coincidindo co encontro, están previstas unha serie de actividades paralelas en toda a comarca e neste contexto, o Museo do Humor de Fene prepara unha exposición que aporte a perspectiva dos humoristas gráficos galegos sobre a Guerra Civil e a dictadura. Por este motivo, o Museo realiza unha convocatoria aberta á colaboración de deseñadores e artistas gráficos. Convócanse debuxos tamaño Din A4 en disposición vertical ou horizontal, deseñados con calquera técnica e compostos por unha ou varias viñetas. A entidade convocante expresa a súa preferencia polos orixinais, e pide que se envíen antes do 15 de novembro ao seguinte enderezo: Museo do Humor, Conces 20/22, 15500 Fene (A Coruña). As obras serán reintegradas aos creadores despois da exposición e posible itinerancia. Tamén se poden enviar os traballos por correo electrónico a museo-humor@fene-concello.org



Coñece a A.C. Memoria Histórica Democrática

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Humor, Museo do Humor de Fene, Memoria Histórica, Guerra Civil...