Galicia contará cun rexistro autonómico de parellas de feito, mentres diminúe o consumo de drogas e de alcol

Parellas e drogas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Parlamento está a discutir unha lei pola que se quere regular a situación das parellas de feito en Galicia, que ata o de agora só podían rexistrar a súa situación nalgúns concellos. De ir adiante esta lei, que conta coa aceptación básica de todos os grupos políticos, a administración autonómica recollería todos os datos das listaxes municipais e integraríaos nunha listaxe única. Por outra banda, onte coñecíamos os datos do Observatorio de Galicia sobre drogas, que apuntan unha diminución do consumo de alcol e tabaco, así como de drogas ilegais coma o cánabo, a cocaína ou o éxtase.

Máis información en La Voz de Galicia sobre o rexistro de parellas; sobre o consumo de drogas

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia

Claves

Entidades