A Fundación Paideia Galiza volve organizar por sétimo ano o Ciclo de Xornadas de Industrias Musicais, que este ano ofrecen baixo o título "A produción musical en tres pasos", tres sesións programadas entre os meses de abril, maio e xuño en formato masterclass con outros tantos profesionais contrastados. En cada unha destas xornadas irán achegándose, respectivamente á preprodución, o traballo previo a entrar no estudo; a produción, o traballo no estudo e o último paso, a posprodución, a mestura e o máster. Os relatorios, estarán acompañados dun showcase dunha banda ou artista emerxente galega.
O primeiro dos encontros, "Paso 1 Preprodución - Gravamos?" celebrarase o mércores 19 de abril no MIHL en Lugo. Esta sesión contará coa participación de Juan de Dios Martín produtor musical que recibiu catro nomeamentos aos Grammy, dous aos americanos e outras dúas aos latinos. Tamén formou parte do Comité Executivo da sección de Los Ángeles do Audio Engineering Society, onde tomou a iniciativa para convertela na primeira sección bilingüe en Estados Unidos nos máis de 70 anos de historia da asociación. Helena Egea será o proxecto musical que participará ofrecendo un showcase en esta primeira sesión. A inscrición para esta xornada é gratuíta e xa está aberta a través da web de Fundación Paideia Galiza, as vindeiras dúas sesións aínda están por confirmar en canto a lugares concretos (unha será na Coruña e outra nas Rías Baixas) e profesionais que as impartirán. O ciclo lévase a cabo coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).