Unhas xornadas reivindican o patrimonio recente da Transición

Rematan os "Encontros monográficos co Patrimonio Cultural do CCG"

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A dos anos setenta foi unha sociedade marcada polo cambio, que loitou pola súa representatividade, por facerse oír e por incidir nunha ágora pública da que estivera ausente durante as décadas da ditadura. Definir valores para que o diálogo e a deliberación pública chegasen primeiro á sociedade e, a continuación, se consolidasen era imprescindible para poder transitar cara á democracia. Foi este un proceso político complexo e pouco previsible, no que o marco institucional do Estado precisaba tamén procurar novas vías de actuación baseadas na tolerancia, a representatividade e a apertura de miras. Preservar este patrimonio cultural que representan os feitos cara á «normalización democrática» daqueles anos, que agora mesmo se conserva maioritariamente no recordo das persoas que os protagonizaron, e dar visibilidade a todo aquel esforzo colectivo é o obxectivo deste encontro. A xornada conta con conferencias de Xosé Manuel Núñez Seixas, Antonio Rivera Blanco, Emilio Grandío e unha mesa redonda con representantes de partidos políticos do parlamento galego.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emilio Grandío, Ágora, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Parlamento de Galicia...