Quiosco: Atenea nº52

A revista trimestral do Ateneo Ferrolán xa está dispoñible na rede

Atenea, a revista trimestral editada polo Ateneo de Ferrol, ven de chegar ao seu número 52, correspondente ao mes de decembro de 2022 e xa está dispoñible para a súa descarga. Esta entrega da publicación local ofrece tres artigos e un especial. Rafael Permuy ofrece neste número unha crónica do que foi o xornal "Ferrol diario", co título "Unha ilusión frustrada". Anxo Ferreiro Currás asina o artigo que dá razón e conta a situación dos traballos da comisión a prol do "Monumento pro memorial das vítimas do franquismo en Ferrolterra". Unha reportaxe sobre "Mulleres na arte contemporánea de Galicia", a cargo da historiadora da arte Lúa Recarey Domínguez aborda a situación da presenza e visibilidade das mulleres na arte actual da nosa terra. Finaliza este número 52 do Atenea, cun contido especial sobre toponimia asinado polo profesor e escritor Henrique Dacosta co título "Toponimia. Algunhas achegas para comprendela", no que fai achegas para buscar unha "hixiene" sobre o correcto uso dos nomes dos lugares.