Seso Durán iniciou a súa carreira musical nos anos 90 como integrante e compositor no grupo folk Liorna. Tras 10 anos afastado dos escenarios, durante os que centrou a súa actividade profesional na docencia da música, en 2017 debutou en solitario co disco "Son da Memoria" que revisaba o terror vivido en Galicia tras o golpe de 1936. Este ano Durán presentou un novo traballo, "Ascensión" (Inquedanzas Sonoras, 2022) co que marca o inicio dunha nova etapa na que Durán explora temáticas máis achegadas á actualidade. A través dos dez cortes do álbum, o artista tira de letras comprometidas que falan de cuestións relevantes e preocupantes do mundo actual: a violencia de xénero, a soidade no mundo das redes sociais, o estrés da vida dixital, o amor incondicional, a crise ecolóxica, etc. O título do álbum xorde dunha reflexión moi persoal de Durán que expresa así: "Ser humano é aburridísimo. Dalgunha maneira precisamos elevarnos: pirámides, rañaceos, relixións, récords deportivos, followers
Non abonda chegar a ser quen es. Queremos transcender, expandirnos, porque sabemos que non imos durar; nin nós nin nada do que fagamos". O disco está dispoñible en plataformas e pode adquirirse tamén a través da editora.
No apartado musical, 'Ascensión' é un disco de pop-rock traballado con detalle, clásico e impecable e dun claro virtuosismo instrumental. Non faltan no seu abano propostas de balada como "Caricias para o corazón" ou "Sorriso triste", ata potentes temas eléctricos como "Desapareces" ou a contundente "Espello roto" e outros sons máis achegados ao folk acústico como "Vogou". O disco estivo producido, gravado e mesturado por Iago Lorenzo (Agoraphobia, Presumido, Furious Monkeyhouse, Voltaica, Heredeiros da Crus ), masterizado por Robin Schmitd de 24-96 Mastering Studio e editado por Inquedanzas Sonoras. O deseño gráfico é obra de Guillotina Estudio, a partires dunha fotografía de Esther Medraño. Como banda para interpetar estes temas contou coa colaboración de José Bruno (batería con Andrés Calamaro, Leiva e Joaquín Sabina) e Manu Conde (guitarrista en Milladoiro), cos coros de Olga Lalín, Sabela Cereijo, Laura Taka e Sandra Lima, e coas guitarras e ambientes ao teclado do propio Iago Lorenzo. O primeiro vivo de presentación do traballo foi o tema "Infinitesimal", filmado en Vigo, baixo a dirección de David Hernández e Alex Penabade.