Quiosco: Sons da Galiza 2

A publicación especializada en música ten na rede a súa segunda entrega

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Quiosco: Sons da Galiza 2

Óscar Martínez acaba de publicar na rede a segunda entrega da revista Sons da Galiza, revista dedicada ás músicas do noso país. Unha entrevista con Fernando Barroso a repasar a súa carreira e proxectos, outra na que Daniel Minimalia explica a súa experiencia a traballar nos Estados Unidos como gañador dun Grammy, e unha terceira con Pedro Lamas a abordar a súa Misa de gaita, concentran o groso das páxinas da publicación.

Ademais, Martínez celebra os vinte anos da Orquestra Folk Sondeseu cunha fotorreportaxe, e non esquece reivindicar o mérito das Tanxugueiras na súa tentativa por representar a España en Eurovisión.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Sons da Galiza 19

Quiosco: Sons da Galiza 19

Culturgal, Cantos na Maré e Dorothé Schubarth centran a entrega desta publicación musical

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Estados Unidos, Folk, SonDeSeu, Tanxugueiras

Claves

Conceptos
Lugares