Exponav e o Museo Naval de Ferrol ofrecen 44 dixitalizacións de mapas históricos do Arsenal

Recollen un conxunto de planos do século XVIII

Recollen un conxunto de planos do século XVIII
Plano do Arsenal de Ferrol. Fondo: Exponav / Museo Naval de Ferrol
Exponav e o Museo Naval de Ferrol acaban de poñer a disposición pública 44 mapas e planos militares vinculados ao Arsenal de Ferrol. Os documentos que poden ser consultados en aberto inclúen desde planos xerais das instalacións militares da Coroa ata minuciosos documentos concibidos para a construción de maquinaria naval ou loxísticia, como bitácoras ou grúas de carga de euqipamento militar. Tamén se poden consultar planos para diferentes dependencias e edicios do arsenal, como corpos de garda, cuarteis ou casas de bombas, así como visións das dársenas e diques.