Coa primavera xa comezada e a situación sanitaria estable, en principio, aínda quedan algún festivais que están estes días a pechar as súas propostas e comunicándollas ao público para completar a axenda dun xeito cada vez máis semellante aos tempos pre-pandémicos. Confirmacións de cartel artístico e datas sucédense no panorama galego destes eventos, incluíndo a presentación dalgunha nova proposta. Damos un breve repaso ao máis significativo do presentado nos pasados días que se ven unir a todas as citas que xa previamente foron adiantándose para este ano.
Como data máis achegada para ter en conta temos á volta dunha semana o FaCeLa Fest de Lugo, que durante os días 12, 13 e 14 deste mes volverá a activar a súa aposta diferenciada e arriscada no musical. O cartel, un escaparate de música independente, alternativa e afastada de nomes moi populares fóra da escena "indie" inclúe quince propostas para os seus concertos a celebrar no exterior do Auditorio Gustavo Freire, na Praza da Milagrosa ou no Club Clavicémbalo. Destaca no cartel a banda galega Triángulo de Amor Bizarro, pero tamén hai outros nomes que soan moito como Los Punsetes, Hinds, The Wedding Present, Lie detectors, Bang 74, Nebra ou Filophóbicas, entre outros.
A seguir por data aínda que nada que ver coa idea conceptual, a localidade de Dumbría estrea festival o 28 de maio. A Iª edición do Festival Vákner, será un encontro musical e cultural que xirará en torno a esta besta lendaria da zona da Costa da Morte. O evento, que terá lugar no Marco do Couto da vila dumbriense, ten un cartel no que participarán artistas como Luar na Lubre, Víctor Manuel, Ismael Serrano ou Carlos Goñi (Revolver).
Das novidades máis recentes neste eido dos festivais tamén hai que sinalar a volta do Festival pasatempo a Betanzos. O que o pasado ano se presentaba como un ciclo de concertos a extender en varias citas chega agora máis concentrado en tres días, entre o 14 e o 16 de xuño con tres actuacións, unha por xornada: Iván Ferreiro, Cantajuegos e Los Secretos. Desenvolverase no Auditorio do parque do Pasatempo.
Con contundentes confirmacións artísticas confirmouse esta semana tamén o regreso do Festigal a Santiago, celebrando o seu 20 aniversario. O evento organizado desde a sección xuvenil do BNG, Galiza Nova, e a Fundación Galiza Sempre volverá o 24 de xullo ao campus sur de Santiago de Compostela. O Festigal 2022 xa confirmou a potencia musical galega das Tanxugueiras, Banda da Loba, Familia Caamagno e Bratzantifa paraq o seu cartel musical. Ademais, no café concerto do Día da Patria tocarán Alberto Mvundi, Os John Deeres, Berto e DJ Ferromona.
Cun movemento de calendario preséntase este 2022 o Festival da Luz de Boimorto. O evento solidario pasa da súas datas tradicionais de setembro a adiantarse ata o 26, 27 e 28 de agosto este ano. Polas leiras de Luz Casal pasarán nesta ocasión, como é habitual, un amplo abano da música da escena pop e rock estatal e galega. Están xa confirmados para a cita solidaria: Ilegales, Mala Rodriguez, Heredeiros da Crus, Delaporte, Bala, BMA, Rock con Ñ, Fon Román, Mueveloreina, Los Estanques, Kumbia Queers, Colectivo da Silva, Sexy Zebras, A Banda da Balbina, Desvariados, The Rapants, Polock, Yoly Saa, Biribirlocke, Mileth, Santiaguiños de Boimorto, Os Piñeiros, Lemot a falta de máis por confirmar.