
Por outra banda tamén se deu a coñecer a autorÃa do cartel desta edición ,q ue correrá a cargo da artista viguesa Bea Gregores. A ilustradora, gañadora de diversos premios no mundo da ilustración e do cómic, foi a escollida entre un total de 39 propostas de portfolios recibidos á convocatoria aberta. En rolda de prensa Gregores quixo avanzar algo sobre o traballo que vai desenvolver para o Salón: "A arte, a creatividade, tema do Salón deste ano, están moi vinculadas ao meu traballo. Na proposta que teño na cabeza tentarei transmitir todas as ramas da arte, literatura, escritura, música e todo do que poderemos gozar no Salón.", dixo.