
'Pava', un tÃtulo cheo de polisemias que pode designar a unha muller, un animal femia ou o resto dun cigarrillo, gravouse en BerlÃn e conta coa produción musical, imaxe e vÃdeo de Diego Delgado. As cancións, todas en galego, basculan con naturalidade entre as sonoridades pop luminosas e o rock post punk escuro, que emparenta co de The Jesus and Mary Chain ou Triángulo de Amor Bizarro, por coller unha referencia máis achegada. En todo caso trátase dun traballo libre de prexuÃzos e feito con liberdade, con letras cargadas de poética e un sentido lÃrico e profundo. Esta 'Pava' de LucÃa Aldao mantén acesa a chama que non semella próxima a extinguirse e pdoe´ria ser o primeiro dunha nova traxectoria da artista, máis alá dos seus outros proxectos.