A Xunta permite máis concentración do gasto do Bono Cultura

Duplica o máximo que cada vendedor adherido pode facturar na campaña

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:

A Xunta ven de anunciar a posibilidade de duplicar o límite de gasto en cada establecemento do Bono Cultura. Na práctica isto non implica unha ampliación orzamentaria nin emisión de novos bonos, senón que cada un dos establecementos vendedores adheridos á campaña poderá acumular máis compras, ata o dobre, no total da campaña. Deste xeito, cada entidade adherida ao Bono Cultura poderá acadar os 40.000 euros de compras, fronte aos 20.000 euros fixados ata o de agora.

Segundo a Xunta, esta posibilidade de acumular máis gasto da campaña en menos establecementos, na contra de espallalo por máis vendedores, responde "á solicitude de usuarios e establecementos, que ven reforzadas as posibilidades de gozar do desconto á súa libre elección". O Bono Cultura da Xunta está en marcha desde o 1 de novembro, cando se esgotou a súa tiraxe de 39.000 bonos de 50 euros por persoa en 19 horas, conta cun orzamento de 1,95 millóns de euros e hai máis de 560 negocios participantes nesta iniciativa autonómica. Ao longo deste tempo, realizáronse xa máis 27.000 operacións, unha cifra que aínda continuará medrando, pois os beneficiarios poden empregalo ata o 31 de decembro.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cultura da Xunta

Claves

Entidades