O Concello de Poio creará un museo na suposta casa natal de Cristóbal Colón

O museo de Colón

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A casa na que algúns historiadores pensan que naceu Cristóbal Colón, no concello pontevedrés de Poio, será transformada nun museo. O goberno local pretende aproveitar fondos do plan Proder para restaurar as ruínas do edificio e instalar no seu interior unha pequena mostra permanente que apoie a teoría da orixe galega do navegante. O proxecto prevé tamén que parte da casa se dedique a reflectir a importancia que tivo para Galicia a emigración cara a América.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Poio, La Voz de Galicia, América