A Adeac ultima unha xuntanza para acordar unha proposta conxunta para solucionar o problema das bandeira azuis

Subir e baixar bandeiras

Aínda non están izadas todas as bandeiras azuis e xa se rexistran as primeiras incidencias. A semana pasada houbo entrada de chapapote en numerosos areais galegos e nun deles, a emblemática Praia da Catedrais, o goberno municipal xa retirou a bandeira azul por un criterio de “sentido común”. Mentres, responsables de Adeac percorreron o litoral do noroeste esta fin de semana e manteñen a estas horas unha xuntanza para consensuar unha postura con respecto ao problema xerado polo vertido do Prestige, que segue chegando ás costas.






Máis información sobre os criterios de concesión dunha bandeira azul no tema do día de culturagalega.org