Cangas expón nunha mostra os achados do Monte Facho

Recuperando o tempo perdido

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Unha parte importante do futuro pasa por comprender o pasado. E nesta dirección apuntan as numerosas recuperacións que estes días se están a realizar en diferentes partes do país. A primeira delas é a do monte Facho, en Cangas, onde se inaugurou unha mostra para dar conta do atopado nas escavacións que se realizaron este ano. Por outra parte está o parador de Santo Estevo, en Ourense, que está a apurar as obras do aparcamento para abrir as portas o vindeiro 2004. E seguindo na capital das Burgas, o concello, a Xunta e o Ministerio de Educación traballan xuntos na recuperación do cuartel de San Francisco para convertelo no maior recinto cultural de Galicia. Un espacio que contará cun auditorio, cun arquivo histórico e cunha biblioteca pública.

Máis información sobre o santuario do Monte Facho en culturagalega.org, sobre o parador de Santo Estevo en La Región e sobre o cuartel de San Francisco en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cangas, Culturagalega, Educación, Ministerio de Educación...