Lois Tobío: palabras dun exiliado

O CCG publica o dilatado epistolado do diplomático e xornalista

O CCG publica o dilatado epistolado do diplomático e xornalista
Son máis de catrocentas cartas que desvelan unha parte importante da arquitectura vital do galeguista e exiliado Lois Tobío, e que recollen boa parte da súa vida e actividade entre 1939 e a súa morte, en 1999. A correspondencia do diplomático e xornalista permite coñecer as interioridades da vida dos exiliados en América Latina, as dificultades de encaixe nas sociedades receptoras e o proceso de paulatina organización dos exiliados e da posta en marcha de iniciativas culturais, como a Historia de Galicia dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Tobío foi o autor da formulación xurídica do Consello de Galiza, a petición de Castelao. O epistolario tamén recolle avatares da súa fundación.