A posibilidade de que as obras no río Cabe afecten á ponte vella mobiliza o equipo de goberno de Monforte que esixe a intervención de Patrimonio

Ponte en alerta

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O alcalde de Monforte dirixiuse formalmente á Comisión do Patrimonio Histórico-Artístico da Xunta pedindo a súa intervención para evitar que as obras de reforma das marxes urbanas do río afecten, visual e fisicamente, á ponte vella. O equipo de goberno monfortino pediralle anteriormente ao organismo promotor da obra, a Confederación Hidrográfica del Norte, a modificación do proxecto pero este rexeitou facer modificacións. Ante a preocupación de moitos monfortinos polo estado e a posible deterioración desta construcción de finais do século XVI, o alcalde enviou un escrito a Patrimonio esixíndolle a súa intervención en virtude “das facultades que a lexislación vixente lle confire” para que “non atenten contra un monumento que todos temos a obriga de defender”. O viaducto obtivo en 1991 a declaración de Ben de Interese Cultural.

Máis información en La Voz de Galicia e na edición de hoxe de La Región

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, La Región, La Voz de Galicia