Xa hai datas de apertura para o pazo de Meirás

Coñécese a composición do grupo de expertos que deseñarán o relato do Pazo

Onte a Secretaría de Estado de Memoria Democrática anunciou a progresiva apertura do Pazo de Meirás á cidadanía, aínda que por agora estará restrinxida, por mor das medidas sanitarias, aos residentes en Sada. Os xardíns abrirán o 30 de xaneiro e o interior do edificio ao redor do 15 de marzo, unha vez subsanadas algúns problemas da instalación interior. Tamén se deron a coñecer os integrantes da comisión de expertos que decidirá sobre o relato expositivo de Meirás. Por parte do Estado participarán Xosé Manuel Núñez Seixas, Juan Manuel Rodríguez Blanco e Manuel Regueiro López. Por parte da Xunta de Galicia Ramón Villares e Isabel Burdiel. Desde a Deputación da Coruñpa Carlos Babío e Emilio Grandío. O concello de Sada designou a Manuel Pérez Lorenzo, o da Coruña a José Alfeirán Rodríguez, a Real Academia Galega a Marilar Aleixandre e o Consello da Cultura Galega a Rebeca Blanco Rotea.