O festival Armadiña Rock de Combarro, asumiu este a imposibilidade da súa celebración en agosto anunciando a edición dunha banda deseñada en substitución paliativa. A organización do evento podÃa presumir de ser o primeiro festival musical reconvertido neste formato. Agora ven de presentarse na sede da Deputación Provincial de Pontevedra o volume O último festi. Os autores Pablo Prado e Fernando Llor asinan esta publicación de 32 páxinas a cor que conta a historia dunha pandilla formada por dous rapaces e dúas rapazas que vivirán o seu último festival antes de separarse para dar comezo a súa etapa universitaria en diferentes cidades. O festival será a décimo segunda edición do Armadiña Rock en Combarro. Nela tamén haberá un cartaz formado por bandas musicais como UxÃa Lambona e a Banda Lambona, Fanfarria Taquicardia, The Tetas Van, Sés e Heredeiros da Crus, a cuxas actuacións as e os lectores poderán chegar a través de códigos QR. De feito, os protagonistas do libro celebrarán o seu último festival visitando os lugares onde transcorre o festival no recinto histórico de Combarro, transmitindo o fomento e conservación do patrimonio material e inmaterial grazas a creación de varias localizacións clave (rúa Cega, Praza da Rualeira, Praza de San Roque), en base do traballo que investigación e recompilación que realizaron a Comisión Organizadora do Armadiña.
O coordinador da publicación Kiko da Silva, subliñou que "foi tremendamente chamativo que, fronte á maiorÃa de festivais que, cando cancelaban pasaban ao formato dixital, nos chamasen do Armadiña para ir ao analóxico e ao papel. Isto permitirá que o Armadiña permaneza nos andéis das bibliotecas mantendo a esencia, incluÃndo a música a través dos códigos QR. Isto provocará que cando a COVID desapareza moitos mozos e mozas queiran facer a mesma 'turné' que as e os protagonistas", dixo. O guionista Fernando Llor asegurou que trasladar a papel un festival foi un "desafÃo complicado e difÃcil" cun resultado que vai gustar porque "reflicte a esencia, coa historia de catro chavales e chavalas (Â…) que viven as aventuras tÃpicas dunha BD".
Presentación en agosto dun avance da publicación: