Un estudio sinala a ausencia do uso da lingua galega no sector téxtil

O 60% das persoas mozas recoñece que un produto anunciado en galego induce á compra

O 60% das persoas mozas recoñece que un produto anunciado en galego induce á compra
Acto de presentación do estudo Foto: Deputación de Pontevedra
O galego está en situación "alarmante" dentro do sector textil galego. Así o pon de manifesto a publicación A lingua galega no sector textil. Visión, opinión e posición da xeración millenial galega, baseada nun traballo académico de Anabel Antela, que naceu dun estudo da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación coa colaboración da Mesa pola Normalización Lingüística e da Deputación Provincial de Pontevedra, onde se presentou o libro. Por observación directa analizáronse a 16 marcas e grupos galegos con facturación de máis de 10 millóns de euros. Todas elas utilizan o castelán como lingua vehicular da súa web, e aínda que todas son galegas, só as de Inditex (e non a do grupo) permiten a utilización do galego. De 16 unicamente 7 citan vínculo con Galicia e en ningún momento fan fincapé coa súa orixe galega, só citando a orixe do deseñador ou lugar de apertura.

En canto á relación coa mocidade, a autora destacou que mozas e mozos son encargados de transmisión da lingua e que tanto enquisados como enquisadas amosaron actitude positiva para o uso da lingua no sector. "O téxtil é un sector inspirador e de referencias, sector no que é preciso traballar para que o galego goce dos mesmos dereitos que o castelán. Os datos que din que é preciso realizar cambios, xa que o 95% da mostra considera agradable a utilización do galego e o 70% di que o seu emprego reforza imaxe de marca, o 60% recoñece que un produto anunciado en galego induce á compra e o 95% considera necesario fomento e normalización".
Ligazóns