A morte temperá de Lino Braxe comunicada o día Nadal, caeu coma chumbo sobre a comunidade da cultura galega, que non terá xa moi bo recordo deste 2020. Braxe (Mugardos, 1962-A Coruña, 2020) falecía aos 58 anos tras unha fecunda vida artísticas desenvolvendo ao seu talento e sensibilidade a través de moi diferentes manifestacións artísticas, coa poesía sempre coma luz de guía. Escritor, actor, dramaturgo, director de escena, artista plástico e músico, Lino Braxe formou parte da prolífica xeración poética dos anos 80, xunto con Manuel Rivas, Lois Pereiro e Miguel Anxo Fernán-Vello entre outros, comezando a publicar dentro dos volumes colectivos De amor e desamor. I e II, publicados por Ediciós do Castro en 1984 e 1985, o mesmo ano no que comezou a súa andaina no teatro profesional coa Compañía Luís Seoane. Ao anuncio do seu pasamento, feito público desde a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, na que dirixía o grupo teatral, seguiu unha conmoción no mundo das letras e da escena expresada a través de redes sociais e publicacións por actores, actrices e literatos. Nas páxinas da revista LUZES, da que foi fundador, Manuel Rivas escribía o artigo Lino Braxe, o Ulises de Mugardos, no que di na súa lembranza do amigo ausente: "Lino vivía na borda, sempre a barlovento. Sentías o mesmo latexo, o abaneo, cando o que apertaba era a dirección do máis ambicioso Hamlet feito en Galicia ou cando escribía un artigo sobre a vida nos campamentos do éxodo saharauí. Cando recitaba e cantaba nA caricia da serpe que cando facía dobraxe para unha serie ou de pirata para unha peza infantil. Cando adaptou de xeito memorábel para a radio a obra dramática de Álvaro Cunqueiro que cando afrontou rodaxes dun cinema galego en condicións de total intemperie."
Na Revista Galega de Teatro, Erregueté, onde Braxe publicou algunhas das súas dramaturxias lembraban tamén ese dez anos pasados en RNE adaptando as obras de Cunqueiro así coma o seu percorrido coma intérprete en producións da Escola Dramática Galega, Centro Dramático Galego, Malbarate e outras compañías, ademais do seu paso por populares producións audiovisuais televisivas coma Mareas Vivas, Pratos combinados, A vida por diante e Rías Baixas. O músico Rómulo Sanjurjo, hoxe Director da Área Cultura da Coruña, escribía no seu perfil da rede Twitter: "Foise o meu irmán, o meu amigo". Sanjurjo e Braxe compartiron entre outras, a creación do musical Avenida Atlántica e o proxecto musical A Caricia da Serpe, baseado na obra poética do mesmo título publicada por Braxe en Espiral Maior (1999). Cos poemas de Lino Braxe coma fondo este grupo de "rock literario" chegou a publicaron dous discos e percorrer teatros e auditorios en xira entre 2005 e 2013. Na súa importante achega á escena teatral está a dirección dun ambicioso Hamlet, protagonizado por Luís Tosar en 2006 na que sería a maior produción teatral galega de iniciativa privada ademais de a primeira vez que no teatro profesional galego se levaba a escena esta obra de Shakespeare. Braxe contaba nunha gravación feita no 2008 coma a influenza cultural que o arrodeaba de pequeno do seu avó violinista e do seu paí afeccionado á pintura foi creando nel unha "paixón por ese ceo protector que é a cultura" que despois coas súas crecentes lecturas e a apertura a outras compañías e sensibilidades o levarían a comezar a escribir. Desde a A.C, Alexandre Bóveda, na lembranza do artista sinalan a súa característica versatilidade: "A palabra polifacético íalle tan acaída que mesmo semella pensada para el".