Recuperan a cor do documental Pontevedra, cuna de Colón

Foi a primeira película en cor rodada en España

25/9/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisualpatrimonio
63 lecturas | Compartido 0 veces

Fotograma trala restauración. Foto: Filmoteca Española

O 2 de maio de 1927 estreouse en Pontevedra o documental Pontevedra, cuna de Colón co que Enrique Barreiro seguía as famosas teses de Celso García de La Riega, que aínda contan con seguidores a día de hoxe, reivindicando a orixe galega de Colón. Pero o acontecemento foi excepcional por un motivo: foi a primeira película rodada en cor en España. O fotógrafo e cineasta Enrique Barreiro desenvolvera dous anos antes un método experimental para a filmación en cor, o Cromacolor, que empregou para este filme. Agora, a Filmoteca Nacional rematou o laborioso proceso de restauración cromática que permitirá ver o filme de novo coa súa cor orixinal. Para iso, os técnicos da Filmoteca Nacional tiveron que investigar a tecnoloxía e a óptica existentes na época e restituir a cor a 20.000 dos 30.000 fotogramas que forman o filme. O documental a cor poderase ver no Cine Doré (Madrid) o 1 de outubro, así como na canle de Vimeo da Filmoteca Española. O 27 de outubro proxectarase no CGAI.

Mira o documental no CGAI (en b/n):

Pontevedra, cuna de Colon (Enrique Barreiro, 1927) from CGAI - Filmoteca de Galicia on Vimeo.

Coñece o proceso de restauración nesta reportaxe:

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Pontevedra, Cine, CGAI...