Ribeira rehabilitará o porto da Covasa

O investimento supera os 84.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O concello de Ribeira recuperará o porto da Covasa, unha instalación asociada ao nacemento da industria do salgazón na comarca do Barbanza a finais do XVIII ou do século XIX. A actuación ten por obxectivo consolidar o porto, recuperar a pedra arrastrada polo mar e mesmo restituír nalgúns puntos as alturas orixinais alí onde é posible. O porto ficará sinalizado e pavimentaranse os accesos á área. A intervención conta cun orzamento de case 85.000 euros. A denominación deste sitio arqueolóxico como 'porto fenicio' ten unha enorme popularidade tanto entre os veciños como nas redes, pero carece de fundamento histórico.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Ribeira, Barbanza, Arqueoloxía

Claves

Conceptos
Lugares