As editorias viguesas Xerais e Galaxia abren coleccións dedicadas á literatura universal. No caso de Xerais, a súa colección, Sopa de Contos, recupera para a lingua galega clásicos de Andersen ou dos irmáns Grimm, cun forte apoio gráfico e de ilustración. No caso de Galaxia, a renovación do seu selo Árbore achegarase a partir dunha colección de lendas ás diferentes culturas do mundo. Galaxia comezará cos títulos "Dadahawat", de narracións dos indios de Norteamérica, e "A Flor da Cerdeira", en que se recollen lendas xaponesas.
Máis información en
La Voz de Galicia