A Xunta de Galicia mantivo cos empresarios de ocio nocturno unha reunión onte para tratar a situación destes locais afectados pola normativa de seguridade actual pero sin mención comunicada nin representación da afectación á actividade cultural. Nesa reunión participaron o vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, e o conselleiro de EconomÃa, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde. Tamén asistiron representantes da ConsellerÃa de Sanidade, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e da Dirección Xeral de Comercio. Non foron convidados a tomar parte nela as salas de concertos representadas na asociación Clubtura, malia que desde a propia Xunta veñen de tomarse medidas con base nesta normativa dirixida ao ocio nocturno que afecta directamente a estes axentes da industria cultural en concreto, coa suspensión ata finais de setembro dos ciclos de concertos apoiados desde a Axencia Galega de Industrias Culturais da ConsellerÃa de Cultura e Turismo, que tampouco tiña representantes na reunión. Como froito dese encontro acordouse traballar nun protocolo de reactivación para cando a situación sanitaria permita a reapertura dos locais "cando sexa sanitariamente seguro". Ese protocolo incluirá as condicións e as fases nas que se producirá esa reapertura. As salas de concertos e os artistas musicais reclaman a volta da programación inmediata por considerala segura e axeitada á normativa.
Clubtura esixe que se permita a programación cultural
Desde a Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo de Galicia Clubtura veñen de facer público tras disto o envÃo hoxe dunha carta á Xunta de Galicia asinada polo presidente da asociación, Alberto GrandÃo, na que solicita "que se entenda e confirme que as salas de concertos e cafés espectáculo non son espazos de lecer nocturno, toda vez que a súa principal actividade é a programación cultural". A súa ausencia desta reunión coa Xunta ademais virÃa confirmar esta afirmación, na opinión de GrandÃo, verquida nas súas redes sociais.
Desde a asociación entenden e asà llo comunican á Xunta que a normativa que se lles está a aplicar para este peche non é a axeitada tendo en conta o catálogo de activades aprobado pola propia Xunta de Galicia na nova Lei de Espectáculos, no que xa separa as salas de concertos e os café espectáculo dos establecementos de lecer nocturno, ao enmarcalos dentro do epÃgrafe de establecementos culturais. De feito, lembra a carta, na disposición de horarios, a propia Xunta de Galicia considerou pertinente diferenciar os horarios e permisos de apertura e peche dos mesmos con respecto aos pubs, discotecas ou salas de festa, que si son establecementos de lecer nocturno, un punto que xustamente no seu momento foi obxecto tamén de protestas desde Clubtura xa que non se lles permitÃa a explotación hostaleira máis alá da asociada á actividade cultural programada. A asociación esixe que se permita expresamente ás salas de concertos e cafés concertos representados por Clubtura o mantemento da súa programación cultural, observando todas as medidas impostas ao resto de espazos culturais, como teatros ou auditorios, aos que si se lles permite manter esta actividade.
Músicas ao Vivo chama á calma e a seguir programando
Desde a asociación de músicos profesionais Músicas ao Vivo, o seu vicepresidente Xabier Mera é tamén moi crÃtico con estas cancelacións dos Directos Xacobeo'21 e da Rede Galega de Música ao Vivo das que "tiveron a ben informarnos pero non tomamos parte na decisión", asegura. Para o representante de MAV "se fai unha táboa rasa que confunde actividades culturais con ocio nocturno" e asegura que a actividade musical este verán nas salas "estaba a desenvolverse de xeito exemplar, cumprindo de maneira estrita todas as normativas en materia sanitaria, ata onde chega o noso coñecemento persoal e a través dos noso socios", di Mera e incide nesa situación de escaparate das boas practicas que está a ter o sector cultural: "creo que o noso sector agora mesmo está a ser exemplar en controlar e ocuparse da seguridade non só de traballadores e creadores senón do público e usuarios das actividades, que aparte está tamén tendo un comportamento exemplar na asistencia".
Mera recalca o alto grao de indefensión que quedan os artistas neste momento por restas decisións. "Estamos nunha situación de desamparo todas as músicas e os músicos do paÃs nun verán moi atÃpico no que estamos traballando moi pouco, no que habÃa tÃmidos avances de volver programar e esta viraxe nos prexudica moito e nos sentimos realmente desprotexidos e incomprendidos por esta normativa que nos afecta directamente", di. O representante de Músicas ao Vivo reclama a que se volva a programar canto antes "e poñer en valor que se está a traballar dun xeito estritamente seguro, conforme ás normativas todas e indo incluso máis alá polo ben e saúde de traballadores e de público". Nese sentido tamén fai un chamamento aos responsables dos concellos do paÃs a manter as programacións de exterior e que estas decisións e a normativa de salas non provoque polo alarmismo un "efecto chamada", que din estar "a comprobar con tristeza que xa está habendo" e que se reflicte en cancelacións por parte de administracións locais de programacións no exterior, que non están asociados a locais ou recintos. "Queremos facer un chamamento á calma e que non se produza unha reacción en cadea de cancelacións de eventos que, creo que todo o paÃs está comprobando que se fan de xeito seguro, porque se un sector é seguro é a cultura", conclúe Mera.