Jorge Mira e Xavier Fonseca fanse cos premios de divulgación e xornalismo da Real Academia Galega de Ciencias

Os premios serán entregados mañán en Compostela

O catedrático de Electromagnetismo da Universidade de Santiago de Compostela Jorge Mira recibirá mañá o primeiro premio de Divulgación Científica que concede a Real Academia Galega de Ciencias. O galardón é concedido pola dilatada traxectoria de Mira no ámbito da divulgación a través de múltiples soportes e formatos. Por outra banda, a RAGC tamén entregará o Premio de xornalismo científico Celia Brañas, que convoca de maneira conxunta coa Axencia Galega de Innovación. O galardón, dotado con 3000 euros, foi para Xavier Fonseca, xornalista de La Voz de Galicia, por unha reportaxe sobre o cambio climático e o seu impacto en Galicia.