Dúas longametraxes realizadas en Galicia tiñan a estrea prevista nestes meses iniciais do ano. María Solinha de Ignacio Vilar, e La Isla de las mentiras, de Paula Cons veñen de adaptar ás súas "premieres" ás circunstancias. Unha delas xa poderá ser vista en liña desde este xoves e a outra itinerará por concellos de Galicia en verán con proxeccións ao aire libre.
No caso da película de Paula Cons, baseada nos sucesos reais acaecidos na illa de Sálvora co naufraxio do do vapor correo Santa Isabel en 1921, o filme coproducido por empresas españolas e arxentinas (Agallas Films, Aleph Cine, Historias del Tío Luis e Take2000) ía ter unha preestrea na zona de rodaxe, en Ribeira, o 22 de maio para despois pasar a estrearse xa en salas de cine o 29 de maio. Ante a imposibilidade de sacar adiante esas datas por mor da crise sanitaria da COVID-19, a distribuidora Filmax negociou a estrea mundial a través dunha plataforma en liña do Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales de Arxentina, cine.ar, que está dedicado con forza desde o confinamento no país austral á difusión do cine arxentino. O vindeiro 14 de maio, ás 22 horas de Buenos Aires, a plataforma fará a estrea mundial da película escrita e dirixida por Paula Cons, protagonizada por Nerea Barros, Darío Grandinetti e Aitor Luna e gravada en Sálvora e outros escenarios galegos. A directora non tira a toalla no relativo a levar a cabo a estrea en cines en España en canto sexa posible facelo, o que ademais é un requisito para recibir as axudas do ICAA, malia que se flexibilizou dentro das medidas de apoio á cultura do Goberno de España. Ademais a estrea en plataformas non é xa un impedimento para presentar o filme a premios como os Goya e xa non o era anteriormente para os Premios Mestre Mateo do audiovisual galego.
Alfombra vermella e photocall para María Solinha
Pola súa banda a película María Solinha de Ignacio Vilar ía tamén facer a preestrea esta semana das Letras Galegas, o vindeiro 15 de maio. Ante a imposibilidade de levar isto a cabo a produtora Via Láctea Films mudou as datas e o formato de exhibición. Sabemos por Metropolitano.gal que se estreará a produción en xuño, en dous dos municipios onde foi rodada, Redondela e Cangas do Morrazo, e ademais as proxeccións terán lugar ao aire libre para facilitar a asistencia de ata 200 persoas por pase. As estreas terán lugar o venres 19 de xuño en Redondela e o sábado 20 en Cangas. Segundo se adianta, estes eventos cumprirán todas as recomendacións sanitarias. Será obrigatorio o uso de máscara, o recinto estará precintado e haberá un túnel desinfectante para garantir ao máximo as condicións de hixiene. Ademais, se as condicións do momento o permiten e tomando as debidas precaucións, habilitarase un photocall ao uso con alfombra vermella pola que pasaran o equipo técnico e artístico da película. O filme conta como protagonistas con Grial Montes, Laura Míguez, Antonio Durán Morris ou Santi Prego.
María Solinha é un filme gravado en galego que conta como un afamado director chega a Cangas do Morrazo, en Galicia, para reconstruír no teatro a historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII. A protagonista da obra de teatro vai sufrir, no século XXI, acedos ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII nunha viaxe dacabalo entre as dúas épocas. Ignacio Vilar declarou a Metropolitano.gal que a idea é proxectar a película no mesmo formato ao aire libre nun total de 207 municipios. As sesións serían de balde grazas á colaboración de administracións como as deputacións provinciais e ao apoio de empresas privadas como Abanca.