A Vaquería queda finalista nun certame que premia as melloras obras arquitectónicas do estado

Construír e promover ten premio

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Ao final o complexo residencial santiagués “A Vaquería” non gañou o premio FAD de arquitectura. A obra do constructor José Otero Pombo quedou entre as 17 finalistas. O premio foi para a casa Garriga–Poch, unha vivenda deseñada por Arturo Frediani Sarfati. O constructor santiagués destacou o feito de quedar finalista porque supón unha chamada de atención para os constructores e promotores, ao poñer en valor a arquitectura privada. Este ano o proxecto xa recibira o premio da Bienal Nacional de Arquitectura que concede o Consello Superior de Arquitectos o que a converteu na primeira obra de promoción privada que o acadou.

Máis información en El Correo Gallego e en culturagalega.org sobre o anterior premio

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Culturagalega, El Correo Gallego

Claves

Conceptos