Monoulious DOP presenta o seu Black Album cun concerto en Compostela

A Sala Capitol acolle este sábado 15 o recital

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Monoulious DOP presenta o seu Black Album cun concerto en Compostela

Catorce novos temas compoñen Black Album o novo lanzamento do dúo Monoulious DOP, cancións de ton festivo e humorístico que ironizan sobre os máis diversos aspectos da nosa sociedade. Os selfies, a hipocrisía, as redes sociais ou o Tinder non escapan da crítica desenfadada do grupo. Desta volta, os ritmos funk, o pop e mesmo toques disco (Millenial) substitúen os sons máis roqueiros do seu anterior traballo. A banda presenta este sábado 15 o seu último traballo cun recital na Sala Capitol ás 21 horas. Os estudios Bungalow acolleron a gravación do disco, para o que o grupo desenvolveu un crowdfunding co que recadaron 6.800 euros.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sala Capitol, Pop, Medios de comunicación, Santiago de Compostela