Alberto Zedda quere crear unha escola de Ópera entre Pésaro e A Coruña

Tándem Cobos - Zedda

16/6/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Alberto Zedda chegou este ano á Coruña logo da súa sonada traxectoria no Festival Rossini de Pésaro para facerse cargo da dirección do Mozart en Coruña. E aínda non ten rematada a súa primeira edición de presentación (que aínda leva o selo de Antonio del Moral, o seu anterior director) cando anunciou a intención de crear unha Escola de Ópera. A escola, que sería a tres bandas (A Coruña, Pésaro e Madrid) está avalada por Jesús López Cobos, outro asiduo no certame coruñés e responsable musical do Teatro Real. Pero todo isto é aínda un proxecto, tal e como Zedda e López Cobos anunciaron na rolda de prensa cando presentaban “El rapto en el serrallo” e “Zaide”, as novas óperas do Festival Mozart.

Máis información en La Voz de Galicia e no noso tema do día

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, A Coruña, Mozart, Jesús López Cobos...