Jiajie Yu Yang revélase como grande vencedor na Mostra de Curtas Vila de Noia

Luisa Gavasa, Rosario Pardo e Antonio Mayáns levaron os premios ás mellores interpretacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Jiajie Yu Yang revélase como grande vencedor na Mostra de Curtas Vila de Noia

Os premios á mellor dirección e ao mellor filme para Xiao Xian confirmaron o cineasta Jiajie Yu Yang como grande vencedor da XX Mostra de Curtas Vila de Noia, que pechou as súas portas o pasado 9 de novembro. Os galardóns de interpretación do certame, pola súa banda, foron ex aequo para Luisa Gavasa, por María e para Rosario Pardo, por Happy Friday, mentres Antonio Mayáns foi seleccionado como mellor actor polo seu rol en Perdóname.

O xurado, composto por Begoña Vargas, Natalia Rodríguez, Javier Prada, Gema Neira e o concelleiro de Cultura José Pérez, acordou outorgarlle Premio Honorífico desta xeira a Carlos Blanco, mentres o de mellor guión foi para Fran X. Rodríguez e a Marcos Nine por Beautiful boy. O comité outorgoulle tamén unha mención especial a Charlotte Marron por Lay Them Straight.

A mellor curtametraxe de animación da mostra foi a arxentina Ailín en la luna, e na categoría amateur, foi seleccionada Los invisibles, de Santiago Teijelo Vázquez. O premio do público foi para Será nuestro secreto de Sergi González.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Noia, Carlos Blanco, Marcos Nine, Animación...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares