Este 21 de outubro comezan os actos do programa da Seman de Cine de Lugo, que chega á súa 41 edición a perder a súa denominación "de autor". O ciclo que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá bota a andar cunha homenaxe e a presentación dun libro sobre o actor lucense Antonio Mourelos, cun acto que se desenvolve a partir das 17 horas no Auditorio Gustavo Freire. Ademais, descubriranse as primeiras placas do novo Paseo do Cine en Lugo. Cada á dedicada ao propio Mourelos, inaugurarase unha que recoñece a Prudencia Grifell, grande dama do cinema mexicano nada en Lugo que a semana homenaxeara en 2004.
No programa, un total de 130 filmes en proxección ata o vindeiro 26 de outubro, cunha maior presenza de directoras (un 36 por cento do total) e pola factura estatal, que cobre o 70% do programa. As proxeccións, na súa maior parte son gratuÃtas, desenvolveranse no Auditorio municipal Gustavo Freire, O Vello Cárcere, Museo Provincial de Lugo, salón da Deputación Provincial, Biblioteca Provincial e Casa do Saber da Universidade.