Cadoul de Craciun faise coa Ánfora de Ouro do FICBueu

Lake of hapiness obtivo a Ánfora de Prata no festival de curtametraxes

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Cadoul de Craciun faise coa Ánfora de Ouro do FICBueu

O Festival Internacional de Curtas de Bueu entregaba o pasado sábado os seus galardóns, co filme romanés Cadoul de Craciun como grande vencedor. A película que aborda a represión de Ceaușescu con grandes doses de humor negro obtivo a Ánfora de Ouro, dotada con 2.000 euros, ademais dos premios ao Mellor guión e ao Mellor actor para o protagonista, Adrian Vancica. Canda a este traballo, a coprodución bielorrusa-alemá Lake of hapiness fíxose coa Ánfora de Prata e cos premios á Mellor dirección artística e á Mellor actriz para Anastasasiya Plyats.

O Premio do Público foi para a fita de animación Mémorable, mentres Martín Romero obtivo o Premio R á mellor curtametraxe galega con La noche. O Premio Fundación Novas a mellor curtametraxe española, pola súa banda, levouno o filme vasco 592 metroz goiti. O director tailandés Apichatpong Weerasethakul obtivo o recoñecemento á Mellor curtametraxe experimental por Blue e o canadiano Jeremy Comte fíxose con Fauve co Premio CREA á mellor dirección.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ouro, FICBueu, Humor, Guión...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares