A nova editorial santiaguesa Tulipa ven de sacar unha colección, Colección 10x15, con cinco cadernos de poesÃa bilingües nos que o galego é sempre un dos dous idiomas, ampliando asà o corpus de poetas doutras linguas que parecen editados na nosa. A editorial está presente co seu catálogo na SELIC da Praza da Quintana estes dÃas, onde ven de presentar ás dúas últimas obras editadas nesta colección. O poeta galego Juan Bello é coordinador da colección e autor dunha destas obras escrita orixinalmente en castelán, Casa, que abre a colección. A obra de Vicente Vázquez Os afluentes aparece no seu orixinal en galego e tamén traducida ao francés do Quebec. Completan a aposta os libros En espera, da autora chinesa Man Li; Este é o agasallo que lle dou o meu corpo, da americana Robin Myers; e Alén dos Mapas, da poeta malagueña Paola G. Sepúlveda.