Músicos e artistas reúnense para apoiar unha nova edición dun concerto en apoio de Jorge Cabezas

Celébrase o xoves 23 de maio no coruñés Garufa Club

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Músicos e artistas reúnense para apoiar unha nova edición dun concerto en apoio de Jorge Cabezas

O pintor Jorge Cabezas sufriu un accidente cerebro vascular en 2014 que lle impediu continuar co seu proxecto artístico. Un grupo de artistas decidiu organizar a segunda edición do Cabezas Liv Aid2, un concerto destinado a recadar fondos para custear os tratamentos que debe recibir Cabezas. Será o 23 de maio ás 21 horas no Garufa Club e nel participarán Xoel López, Antón Reixa, Julián Hernández, Carolina Rubirosa ou Álvaro Dorda entre outros. As entradas teñen un custe de 10 euros e poden adquirirse no Garufa Club, na Gata, no Bristol Bar e no UmmaGumma.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Julián Hernández, Xoel López, Antón Reixa