Paran a limpeza de fondos do Parque Nacional e ultiman plans para extraer fuel do Prestige mentres a maquinaria destrúe varias praias

Limpeza, extracción, destrucción

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
En tres días cesarán os traballos de limpeza de fondos mariños do Parque Nacional Illas Atlánticas. Segundo o comandante José Antonio González da Escola Naval Militar de Marín, “extraeuse todo o fuel atopado”. Mentres, o conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, anunciou que o fuel que queda no barco é líquido e pode extraerse segundo as observacións realizadas polo submarino Nautile. A Xunta agarda que para o vindeiro outono xa non quede fuel nas adegas do buque. Mentres, a Federación Ecoloxista Galega (FEG) denunciou que as tarefas de limpeza con maquinaria pesada están a provocar danos irreparables na costa, entre eles, a destrucción completa dunha praia de coídos en Touriñán.

Máis información en La Voz de Galicia; en El Correo Galego sobre a extracción do fuel e sobre a limpeza no Parque Nacional; na canle Verde de Vieiros sobre a destrucción de praias

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, Prestige, Federación Ecoloxista Galega, La Voz de Galicia...