Desprovisto das súas habituais gafas de sol Javi Maneiro olla para nós desde a capa do seu novo disco en solitario Acaricia mis arrugas ( Dotbeat, 2018). Maneiro amósanos unha mirada segura e sosegada sen artificios, directa e sinxela que traspasa dúas mans que non a poden esconder. Ese é xa un sinal de referencia deste traballo e que dá unha pista do que imos escoitar nos oito temas deste segundo disco en solitario do músico que leva 25 anos sobre os escenario, primeiro (e aÃnda) con Heredeiros da Crus e posteriormente con Jabón Blue e xa con 13 discos de estudio nas costas. Intérprete, letrista e compositor dos seus temas, neste disco certamente traspasamos a personaxe de "Maneiro" e accedemos a un maduro Javi, que nos ofrece entrada a unha intimidade natural, con letras directas sobre situacións e sentimentos universais e cun son tamén provisto dunha gran naturalidade. Con estes elementos José Puga e Pachi Baldomir estiveron a cargo da gravación nos estudios Nakra na Coruña, mentres que para a masterización Maneiro repite con Robin Schmidt, que traballa con bandas como Placebo ou Mumford & Sons. Como acompañantes contou con Manu Rey na baterÃa, ‘PonyÂ’ ao baixo e ‘KuervoÂ’ e Cayetano Sánchez ás guitarras.
Nas súas letras Javi entra en temas vitais e propios dunha madurez reflexiva e positiva a través de cancións como Quiérete tú, Hombre árbol ou Son un estorbo los heroes, mentres que noutras pistas trata moitos dos estados relativos ás relacións sentimentais. O tÃtulo do álbum sae directamente dunha das cancións: El baile da le victoria. Tamén na parte da composición musical asà como na propia produción achamos un paso adiante de Maneiro. Sen renunciar aos seus sons rockeiros máis enerxéticos Acaricia mis arrugas presenta unha variedade ampla de tons na que podemos pasar do R&B, ao pop-rock sen problemas de transición e no que tamén hai sitio para a balada. A coidada produción deste traballo tamén facilita moito esa escoita. O disco xa está en todas as plataformas dixitais e o dÃa 1 porase á venda no formato fÃsico. AÃnda non hai data confirmada para a primeira presentación en directo pero será para o comezo da primavera en Santiago.