A Universidade de Vigo incorpora pezas audiovisuais ao seu calendario a prol do galego

Culturagalega.gal actualiza o seu Calendario de Festas Tradicionais

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A Universidade de Vigo incorpora pezas audiovisuais ao seu calendario a prol do galego

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo acaba de lanzar unha nova edición do calendario co que, cada ano, quere animar a empregar a nosa lingua. Nesta ocasión, e baixo o lema Na Universidade… onde queiras, pero coa lingua, a publicación aposta por un formato multimedia no que cada mes se publicará un corto, accesible desde o propio calendario vía código QR a apresentar diferentes situacións de uso do galego. Está xa na rede o audiovisual correspondente ao mes de xaneiro.

En paralelo, Culturagalega.gal acaba de actualizar o Calendario de Festas Tradicionais galegas. Unha guía imprescindible de romarías, celebracións do ciclo anual, e eventos propios dispoñible en Google Calendar.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade de Vigo, Culturagalega, Normalización Lingüística, Guía...